Nápoles é unha cidade algo raída, pero luminosa e bonita a varrer. Polo que a min respecta, foi amor a primeira vista.Ainda que ía calor, a brisa do mar facíao moi levadeiro.
Botamos os primeiros sudores mentras buscábamos o hotel que tiñamos reservado, é que resultou estar nun vello pazo do centro da cidade, completamente descascarillado e en obras. En obras desas permanentes. No patio interior, un ascensor chafalleiro e uns veciños de idade provecta botando a partida. A habitación do hotel, mundo Ikea.
A primeira pizza, unha gloria.
0 comentários:
Postar um comentário