Quinta-feira, Junho 05, 2008

Proximamente...en obras

O de proximamente é un concepto amplo. Pero o caso é que hoxe por fin levaron uns cantos camións de pedra e terra para facer o acceso á casa de Landoi. O desnivel era máis grande do que parecía.
Mañá retirarán parte da terra do redor da casa para ver como está a cousa e calcular o presuposto. E despois deso, a hipotecarse con alegría, deus mediante.

2 comentários:

McCoe disse...

Arrea! Da xenio ver por fin unha excavadora na túa finca!

Notase que estabas impaciente, que nin esperaches a baixar do coche para sacar a foto.

Pois felicitacións polo comezo oficial das obras!

Kaplan disse...

ánimo, que xa falta menos, e benvinda á familia das hipotecas, ese mundo...!