O blogger este cambiou tanto que as últimas veces que quixen entrar deume paura e non me atrevín.
Pero agora creo que xa se pode.
E reenghancho falando desa asociación de "Tan gallego como el gallego". Cando vin a sua páxina, rin a varrer como había tempo que non me ría. Que fartada me metín de descarallarme, e de balde. Non sabía eu que os Tonechos tiñan unha sección sociolingüística.
Tan gallego como el gallego. É que me acordo e me descadrillo de risa de vez.
En caso de esquecérades todo o que algunha vez aprendíchedes en Barrio Sésamo sobre "igual/distinto", remítome a á rá Gustavo .
Máis galegos que o galego. E de aí a máis europeos que Europa e máis mundiais que o mundo non vai máis ca un pasiño. E logo, o abismo, nenas, o abismo.
Que si, tan galegos coma o gazpacho. Pero onde esteña o churrasco...o gazpacho para quen o queira.
0 comentários:
Postar um comentário