E nada mellor para empezar o ano que un nacemento: o de Roi, de Flora e Aquilino, que é un neno moi guapo e sano e que lle deu un bo repaso á súa mai para traelo ao mundo. Para compensar, a mai agora reloce de felicidade.Aquí o tedes tomando o biberón con moito estilo. O copyright das fotos teno Paco, espero que non me demande, nin me maten os pais por expoñer ao público á criatura a idade tan temperá.
É ou non é a maior das marabillas, unha criatura recén nacida?
0 comentários:
Postar um comentário