Domingo, Novembro 05, 2006

Volvendo ao rego


Volvo ao rego despois de moitos dias sen escreber nada: xa vos tiña advertido da miña pobre vida interior
Novidades? Pois que a piscina de Ortigueira abre a primeiros de Decembro, por fin; que a discoteca da Solana onde tantos cubatas temos trasegado pecha as súas portas; e que o tempo está tipo cálido, ainda que polas noites a cousa ponse algo fresca de máis.
A Lula, coma sempre. Cariñosa, xoguetona e soltando pelos a tutiplé. A foto é de cando era unha cachorriña de poucos meses.

0 comentários: