
En Setembro esperemos que non sexa verdade o refrán que di que arden os montes e secan as fontes, porque xa era o que nos faltaba para o peso.
Aquí ao pé do Ortegal parece que quere chover e non se decide.
A Lula anda mimosiña, outra vez co pseudoembarazo dichoso. Teño mala conciencia porque con tanto traballo que teño lévoa pouco de paseo.
Será culpa da lúa chea, pero cada vez que vexo a foto de Mr Miller que a miña irmá puxo no fondo de pantalla oubéanme as entretelas. Aquí o tedes outra vez en todo o seu esplendor.
0 comentários:
Postar um comentário