
Fago o test sen rechistar por orden de Kaplan.
Que hora é?: As once corenta
Nome Completo: Aquí, Nona, por mero azar
Alcumes? Señora Pura, últimamente
Por quen che puxeron o nome? Podía ter sido pola miña tía avoa, pero foi culpa dun ramalazo pijo doutra tía avoa e da ignorancia da miña mai, que nin se molestou en pensar un nome para a a súa primeira filla.
Signo Zodiacal: Escorpión
Tatuaxes: Nengun
Amaches tanto a alguén como para chorar? A caldeiros
Estiveches nun choque de coches? Non. Unha vez chocoume unha vespino, e outra vez turreille a un carro remolque. Sen consecuencias.
O vaso, meio cheo ou meio vacio? Creo que en xeral medio cheo
Cor favorita de roupa interior: Negra
Número favorito: O 8 ou o 9, ou o 7, ou o 4
Cor favorita: Azul, laranxa, violeta
Supersticioso? Ás veces, algúns días
Tipo de música de preferéncia: Calquera cousa que faga Paolo Conte.
Flor: Antes o iris. Agora ampliei os horizontes.
Última visita ao hospital? Só de acompañante. Hai uns meses.
Como te ves en dez anos? Máis gorda e con menos pelo, coma todos.
Que cambiarías da tua vida? Dos sete aos trinta anos, case todo.
O primeiro que pensas ao espertar: Durmín dabondo ou sigo un pouco máis?
Que hai na parede do teu cuarto? Unha lámina de papel de arroz con flores secas. Unha perrallada
Persoa que talvez non conteste este post: Nin sequera sei a quen mandarllo...
Persoa que seguro responde: Teño poucas amistades con blog. Poucas ou unha.
Quen che gustaria que respondese? Calquera, gustaríame que respondera calquera.
Que dirias a alguén e non te atreves? Hoxe tes mal alento
Deporte favorito: Nadar
Tímido ou extrovertido? Extrovertidamente tímida, como Kaplan
Gusta-che ler? Moito.
Falas algun idioma? Si. Mesmo cando ignoro a súa gramática, léxico e fonética.
Pasatempo favorito: Ver a tele
Praia ou montaña? Praia, pero para estar na auga. Senón, montaña, á sombra dunha árbore.
Coleccionas algo? Lápices, informalmente
Tes algunha fóbia? Os paxaros.
Cando foi a última vez que choraches? A lágrima viva, hai dous anos. A pinguiñas, a calquer hora, cunha peli
Gusta-che a tua letra? Nadiña.
O pan gusta-che con que? Só e con todo.
Sendo outro, serias o teu amigo? Si.
Tes un diario de vida? O que? Bastante traballo me costa levar unha axenda.
Es sarcástico? Só na intimidade.
Saltarías en bungee (puenting)? Non. Teño vértixe.
Cereal preferido? O mainzo
Desatas os zapatos ao sacá-los? Se me amaño sen desatalos, non.
Cres que es forte? Si. Sen querer.
O teu xelado favorito? Chiculate negro e laranxa.
Canto calzas? Un 36.5
Roxo ou Rosa? Rosa
O que menos che gusta de ti? Que non teño o sentido da oportunidade. Nin o das proporcións.
A quen estrañas muito? Ao meu avó, que en paz descanse (se é que a miña avoa llo permite)
A cor de pantalón e zapatos que tes postos? Granate desvaido e lila/verde
O último que comiches hoxe? Té con leite e tostada con aceite de oliva
Que estás a escuitar neste momento? O ruido insoportable do ordenador
A última persoa coa que falaches por teléfono? O meu curmán Chema
Trago favorito? Vodka con limón e tónica
Deporte favorito para ver por tv? Ningún
Comida favorita? O caldo. E as patacas fritas con albóndigas.
Película de terror ou final feliz? Final feliz.
Última película no cine? Munich
Dia Favorito do ano? O último sábado de Xaneiro. San Xiao
Inverno ou verao? Un verán cálido e soleado
Bicos ou abrazos? Segun con quen. Nas presentacións prefiro que me dean a man.
Postre preferido? A tarta de chiculate
Onde é o máis lonxe que estiveches da tua casa? Nova York
Estiveches namorado algunha vez? Como unha becerra
Arrependeches-te algunha vez dalgo? Constantemente
Cor de ollos preferida: A da miña curmá Gema, verde turquesa
Nome de rapaz e rapaza favorito: Albán e Miranda
Fumas? Pouco e ocasionalmente
Condóns de laranxa ou limón? Tanto ten, caducaríanme nun caixón
Sexo con amor ou sexo con morbo? Xa non me acordo
Usas algunha muletilla? Vaia, ho, paréceme que si
Tes algo pendente de facer? Ir ao rexistro da propiedade coa escritura da miña casa
Un momento especial na tua vida: Varios. Bastantes. Non me caben aquí
Es feliz? Máis ben si que non
Que hora é agora? As once corenta e nove
0 comentários:
Postar um comentário