
De pura vergoña e antes de que Kaplan me tire das orellas, actualizo.
Este fin de semán é a festa do Carme.
Kaplan, vente de visita, ho, que é unha cousa bonita de ver.
A Lula está máis bonita que as pesetas rubias, como dicían antes. Debe estar perto de empezar o celo.
O tempo tamén está óptimo.
Teño os oídos un pouco atascados de cera. Mellor. Para o que hai que oir....
Sigo cabreada por múltiples motivos. Because I'm worthy.
Cariño está cheo de toristas. Parécelle ben á parte mundial de min: toda a terra é dos homes, efectivamente. Pero á miña parte tribal parécelle mal.
Hoxe son pesimista. Esta aldea nosa non ten futuro.
Onde está a grúa, hoxe xa está erguido un novo bloque de cinco pisos. Perfectamente legal, co plan de urbanismo de Cariño na man. Hai que ter a cabeza no cú para facer semellante PXOU.
0 comentários:
Postar um comentário