
Respondendo ao reto de Kaplan, poño aquí as miñas catro cousas.
Catro cousas que máis como:
Garbanzos
Xamón
Bonito ao natural (sempre conservas La Pureza)
Sopas
Catro recantos únicos para pasear:
As praias de Cariño. Calquera delas.
Os outeiriños dos Cotswolds ao redor de Broadway, entre ovellas e prados
As rúas de Roma. E as de Siena, no mesmo paquete.
A serra da Capelada en toda a súa maxestade.
(Recantos, recantos, non son pero é que aos de Cariño gústanos todo ao grande)
Catro cafés que tomaría:
Un café de pota no chiringo de San Xiao.
Un capuchino no Trastevere.
Unha bica no Rossio.
Un carajillo no Baiuca.
Catro cousas que máis uso:
O ordenador.
Lápices.
A tele.
O bater (Realmente, o té é moi diurético).
A foto é do río Windrush ao seu paso por Bourton on the Water. O seu curso daba tamén para un paseo ben agradable.
A casa da esquina, o Old Manse Hotel, onde traballei e vivín durante tres meses.
0 comentários:
Postar um comentário