
A señora Carmucha chega a sacarlle punta ao mundoblog galego. E xa hai moita xente cagándose nos seus mortos. Eu, particularmente, saúdo con alegría o refacho que trae con ela. Ainda que nos poña a todos a parir (no meu caso, dubido que haxa blog máis aburrido na esfera do bloguismo galego).
De cando en veces, fai falla que apareza alguén así de destroyer para animar o mundoblog. Eu voullo contar a todas as miñas amistades (de nada, señora Carmucha).
Total, ela o que ela fai é dar a súa opinión sobre os blogs que le. Que é como dar opinión sobre os libros que un le. Claro que ás veces se causa dor moral aos autores, pero é o risco que corre quen se expón nesta praza pública que é a interné. Incluída a señora Carmucha. Espero que coide a prosa e sexa concisa e limpa co bisturí.
O tempo soleado; o nordeste respetable. A foto, do val de Landoi desde a esquina enriba da miña casa de Paredela. E ao fondo os eucaliptos de Lamestra que non nos deixan ver a ría.
0 comentários:
Postar um comentário