Terça-feira, Maio 09, 2006

Ritmo rural


Creo que o meu ordenador está malafacéndose ao ritmo rural e cada vez vai máis lento. Non sei se matalo ou poñelo a tratamento. Que baixe tanta cousa audiovisual do e-mule tampouco debe axudar. Estou chegando á desesperación intentando que funcione o Nero para meter en CD as cousas que xa descarreguei.
A metade das veces, se me colga todo (carpetas, programas, arquivos, documentos...). E a outra metade vai tan a modiño que me durmo agardando.
Tanto ADSL para esto.

A Lula está como unha rosa. O tempo, regular. Vai moito frío polas noites.

0 comentários: