Sexta-feira, Maio 12, 2006

Mudanzas


As mudanzas son unha cousa moi pesada de facer, e seino ben porque levo unha pila delas no lombo.
Para contalas, e seguindolle o fío ao meu amigo Kaplan, procedo a anotar as rúas nas que levo vivido na miña vida.

Nacín na rúa das Angustias. E a partir de mudarme aos seis anos, xa foi un non parar: rúa de Rosalía, rúa da Pardo Bazán, Porta Real, rua de Médico Rodríguez, travesía de Navarra , praza de Lugo, rúa do Hórreo, rúa do Pexigo, Lagoas, de volta á Pardo Bazán, e de aí outra vez comenzando a danza.

E logo vivín na rúa do Vilar, na rúa do Olvido, na rúa do Pexigo (no mesmo sitio), na rúa da Rosa, na rúa de Teo, na Costa Nova, no bairro das Flores, na rúa de Ramón María Aller, na rúa da Torre, na High Street en Broadway, na Hight St en Bourton- on- the-Water, na Friars Wharf de Oxford, en Fairfax Center (Kidlington, North Oxford), en Howard St, de volta na rúa da Torre, na rúa do Torreiro e agora por fin na miña actual residencia. Creo que non esquezo ningunha, pero ben podería ser.

Cantas me saen en total? Vinteoito mudanzas, se non fixen mal a conta. Menos mal que, de momento e ata que a casiña de Paradela, parroquia de Landoi, estexa lista, podo descansar un algo.

0 comentários: