
Con gran congoxa comunícovos que o cine da Solana, posiblemente o máis antigo cine tradicional en funcionamento en Galicia, pecha este fin de semán definitivamente. Non poden seguir aguantando con perdas. Non son os primeiros nin serán os últimos, que a cousa está moi fastidiada para os cines tradicionais.
E é un cine, para os que non sodes cariñeses, que pode mirar por riba do ombro á inmensa maioría dos supercines modernos de multisala. Grande, cómodo, con boa calidade de imaxe e son, pantalla ben grande, calefacción... Non lle falta de nada máis que público.
Despídense con Orgullo e prexuizo. E convidan a todo o mundo a ir de balde.
Non sei se é a hormona que me anda ao biés ou que, pero dame unha pena negra.
0 comentários:
Postar um comentário