Quinta-feira, Abril 13, 2006

Nomes vellos, nomes de hoxe


Como nos imos aclarar cos títulos de propiedade de casas e terras se veñen sendo un labirinto desde os tempos do rei Cintolo?
Vagando pola rede fun dar cun documento que entendo que procede do convento de Santo Domingo en Ortigueira e que trata sobre propiedades do mesmo en toda a comarca. Parece ser do século XVIII, pero fala de donacións que se remontan ao XV e mesmo máis atrás, cando xa a Boca da Leira era a Boca da Leira e o Fontao era o Fontao. A ver se ides pensar que os nomes dos sitios veñen de onte.

"Y en los 20 días del mes de Diziembre de 1.575 Juan da Zea, vezino del puerto de Cariño, yerno del dicho Andrés da Zea, yzo dejación del dicho foro al convento cuya scriptura pasó ante Alonso de Vilar, escribano."

Tamén recolle un gracioso incidente: un roubo de esterco.

"En 22 días del mes de Enero de 1.777 se dió querella zivil ante la Justizia de esta villa por el R. P. Prior de este convento contra Francisco piñón, Andrés Monteiro, Andrés de Piñón y Luís de Seoane, vezinos de la feligresía de San Pedro dos Feás por haver los dos primeros de autoridad propia sacado porción de abono o estiércol de un caño contiguo a la heredad que se nombra do [ilegible] sita en la chousa del mesmo nombre y propia de este convento en los términos de Jusevilla, y todos y robar una antigua de a pie y de carro en las heredades do coto das Caldas, y Lado Castro, asimismo propias del convento. Y en 24 de dicho mes se le notificó dicha querella por el escribano y confesaron el delito"

Quen ían ser, senón os de Susavila, aplicados a facer tropelías contra o clero?

0 comentários: