
Que bonita é Europa para algunhas cousas. Nos EEUU andan outra vez cazando bruxas. Este artículo do Guardian explícao moi ben. Os mestres e profesores teñen que andar alí con moito coidado con non propasarse dicindo cousas como que non é de bo ton que os americanos pretendan impoñer ao resto do mundo como pensar ou como vivir. Hai un tipiño, caza-profesores de esquerdas, chamado Horowitz que ven sendo coma un jimenezlosantos calquera. Deses que pensan que chamarlle a alguén comunista é un insulto. Como se por ser comunista foras un executor do gulag ou un policia castrista, ou un reeducador da China de Mao. Eu creo que coñezo a algún comunista e vanche de compras a Alcampo coma todo o mundo.
Segue facendo un frío que dá noxo. Tiven que poñer a estufa outra vez. Póñovos unha foto cutre do novo Instituto. E que non teño moito máis onde escoller.
0 comentários:
Postar um comentário