Segunda-feira, Abril 17, 2006

Actualizacións


Actualízovos o enlace co blog de Xesús de Landoi-Miñeixa. Como formateei hai pouco o disco duro perdín moita información e estaba a piques de mandarlle un e-mailo a Quique Brando para que me dera o novo enderezo deste blog. Claro que Quique nunca responde aos emilios, así que menos mal que Xesús se deixou caer por aquí e puiden anotar o enlace.
Asomádevos alí para ver que bonitiña é Clara, a nena que lles naceu a Berta e Xesús o venres pasado. Eso si: a nena é ben linda, pero o sorriso da nai resplandece máis ca o sol. Dá xenio ver á xente feliz.

Actualízovos tamén o tempo: está bo, soleado, parou de chover.
A Lula está co pseudo embarazo, transtorno bastante coñazo que segue ao celo cun intervalo de dous meses. A pobre, aparte de ter as mamas hinchadas, cousa en por si bastante coñazo, anda algo transtornada, que non sabe nin onde mexa. Agora mesmo imos de paseo á praia de Fornos (a da foto) a enredar un pouco.

0 comentários: