Sexta-feira, Março 10, 2006

Pes grandes


Alguén sabe porque as mulleres agora teñen os pes tan grandes? Xa sei que a media de altura aumentou moito, e lóxicamente todo vai parello. Pero o dos pés é aparte. Agora só as señoras usamos números ridículos coma o 36 ou mesmo o 37. As mozas levan un 38 mínimo (que por outro lado, non se fai grande á vista).
O dos Oscars foi un pouco aburrido, a pesar de que nos rimos bastante con Jon Stewart. Son moitas horas e a miña irmá nunca leu o Hello! na súa vida, e así non hai con quen falar. O aliciente foi que as cámaras paraban moito en George, e eso sempre enche o ollo (Ai, Cesare, mira que chamarlle soso...).
En fin, nada novo que contarlle ao mundo blog. O tempo, ruín. A Lula, coma sempre. Marcho a e-bay a mercar un kimono de seda por cinco euros. Non preguntedes ainda para que o quero. En canto o averigüe, cóntovolo.

0 comentários: