Sábado, Março 04, 2006

And the oscar goes to


Eche unha horterada de moito coidado, o dos Oscars, pero como eu tamén son bastante hortera, pásoo bomba vendo o ceremonio. E conste que non é por posmodernismo, son hortera de corazón e a contragusto; non se pode loitar contra a natureza dunha.
Mañá estaremos miña irmá e máis eu chantadas diante da tele con tal ocasión. Se non quedamos durmidas antes, farei a crónica co evento.

A Lula está guapisma con todos eses pelexos redundantes seus, así que de dieta, nada. Paseos e ben que lle chega. Malo que chova tan salvaxemente que case non podemos sair de casa máis que para levala a mexar. A semana que ven vai ao veterinario a Santiago para que lle limpe o sarro e lle corte as unllas, e lle pase a ITV. Meto outra foto dela, miña purruchiña.

Creo que xa limparon da praia de Fornos o quintal e medio de floi (ou sexa, unha pila de kilos de chapapote) que chegou hai semana e pico. Procelosas están as praias e as conciencias neste país de senvergoñas, onde canto máis pirata es e máis chanchulleas, máis respeto che teñen. Xa o único que conta para que te consideren ben son os cartos.

0 comentários: